·
Igual que na
xuntanza anterior, empezamos falando algo de cómo nos foi na vida, falamos da
vida da nosa parroquia, comentamos algunha cousa que, aínda sucedendo máis lonxe, nos pareza importante para nós.
Controlamos os tempos.
·
Pasamos a dar información sobre que
presenza hai na nosa comarca de iniciativas de xente nova no rural que estean
contribuíndo á súa revitalización. Valoramos con detemento esas experiencias: a
que se dedican, que fan, como empezaron, cantas persoas ou familias son, que
recursos puxeron a andar, que cousas nos chaman máis a atención, que cousas nos
parecen máis positivas.
·
Nun mapa da comarca que teñamos feito,
coa sinalización das parroquias correspondentes, podemos ir situando cada unha
das experiencias coñecidas, e cunha palabra indicar a súa dedicación. Ese mapa
pode quedar exposto no lugar de reunión, para ilo vendo e completando en novas
xuntanzas.
·
No caso de que na nosa comarca non
atopemos ningunha desas novas iniciativas, podemos comentar algunha que
coñezamos dalgunha outra zona. Por exemplo, hai un libriño breve titulado
“Revoltando á terra” de edicións Bolanda, que na súa segunda parte ofrece breve
descrición de 10 proxectos do tipo que a nós neste caso nos interesan; son de
diferentes lugares de Galicia; igual aí atopamos algún que nos cadre algo cerca
para podelo visitar.
·
Podemos acordar a visita a unha desas
experiencias novas que nos pareza especialmente interesante. Que alguén se
encargue de contactar, de organizar logo ás persoas interesadas en ir. Pódese
quedar en presentar o plan da visita xa organizada na próxima xuntanza.
·
Podemos ter tamén un momento de oración.
Lemos unha das parábolas de Mateu no capítulo 13: a da sementador, a do gran de
mostaza, a do xoio no medio do trigo, de doada aplicación ao que estamos
facendo: experiencias humanas, pequenas, humildes, que medran, que poden ir
medrando, dando vida ao rural. Tamén nesas cousas hai unha palabra de Deus para
nós, que podemos acoller ou ignorar, ou afogar.
Axudamos a situar a parábola dentro do que estamos vivindo; provocamos
para que a xente comparta algo do que sente ao respecto, e quedamos un chisco
en silencio, acollendo o que cada quen dixo, e o que máis me chega ao corazón
de todo o vivido neste encontro. Rematamos rezando xuntos o nosos Pai.
·
Sinalamos a data da próxima xuntanza,
que será no mes de decembro. ¿Poderíamos aproveitar para celebrar xuntos/as a
festa do Nadal, despois do Nadal, mesmo ata antes de Reis? Se acordamos
celebrar algo o Nadal xuntas, é necesario acordar como o hamos celebrar, que
partes vai ter a celebración, como as desenvolver, e tamén o que cada quen ha
traer para a celebración, de comidas, bebidas, cantos, música…
No hay comentarios:
Publicar un comentario