4º encontro (finais de xaneiro ou
primeiros de febreiro)
- Empezamos o
encontro, coma sempre, falando de cómo nos foi a vida desde a última
xuntanza. Falando tamén de cousas importantes que sucedesen.
- Comentamos
a última xuntanza coa cea de Nadal: o que nos gustou, o positivo en nós e
na xente que veu; o que podiamos mellorar, o que non saíu ben. Falamos de
todo isto con mentalidade positiva, valorando o que fixemos.
- Comentamos,
logo, como nos foi na visita que
fixemos a esa experiencia alternativa no rural. Situámola no noso mapa,
comentamos as características que ten, os que a levan, como empezaron e
por que, a que se dedican, como o levan, grado de satisfacción, que é o
que máis nos impresionou dese experiencia, que é o que máis frouxo nos
pareceu etc. Todo isto recollémolo, porque de todo isto teremos que falar
algo no encontro que teñamos en Santiago o 23 de febreiro.
- Logo
facemos entre todas e todos un salmo, unha cantiga, que recolla todas as
cousas fermosas que vimos nesa visita. Ímolo compoñendo así: dicimos unha
cousa bonita, que alguén escribe brevemente nun cartel que teñamos na
parede, e contestamos xuntos: QUE BONITA É A VIDA, DEUS NOSO,
QUE BONITA É A
VIDA.
Por
exemplo, unha persoa di: Que paixase máis
fermosa era aquela, e todos contestamos co de arriba. Outra persoa di: Que casiña máis amañadiña tiñan, ou Que ben organizado tiñan todo, e así.
Este salmo levámolo para a xuntanza de Santiago, para con invitar a que a xente
lle cante a Deus.
Falamos
da viaxe a Santiago, organizámola, preparamos algo o que alí hamos contar (o
que fomos facendo desde que empezamos con isto ata o día de hoxe), alguén
encárgase de facer copia do salmo ou cantiga que fixemos para repartila entre
todos e cantala alí.
Fixamos
unha data para a próxima xuntanza, a finais de marzo, despois da viaxe a
Santiago e despedímonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario