FOTO TOMADA DE: http://www.alfayomega.es
11.00h.
Chegada e acollida
O
lugar de celebración está presidido por unha pancarta co lema: SEMENTANDO
ESPERANZAS.
A
acollida está atendida por xente do lugar, que nos obsequiará co que ben lle
pareza. Se hai un grupiño de gaiteiros acompañándonos, mellor. E entramos para
o lugar de celebración.
E
empézase a celebración. Entre ensaio e ensaio vaise anunciando que é esta
festiña, que pretende, en que vai consistir, cal é o lema, que significa este
lema
Acollida
dos grupos
Cantamos
o himno do San Cidre. Vanse presentando os grupos; unha persoa de cada grupo
presente algo (froito, planta, símbolo calquera), co que queiran facerse
presentes nesta celebración. Con esa persoa entra outra persoa que presenta a
iniciativa innovadora que se está a dar na súa zona; esta persoa le ou di o
breve escrito que trae e máis, se é do caso, ofrece o produto correspondente. E
así todos os grupos. Con fogos ecolóxicos.
E,
para pechar este momento, as xentes do lugar cóntannos como é esta zona, como
andan, que sementes de esperanzas hai entre eles, a nivel de vida agraria e a
nivel de comunidade cristiá. Tamén fogos ecolóxicos. Volvemos cantar o himno do
San Cidre.
Segue a
Eucaristía
Saúdo
e acollida do sacerdote.
Momento penitencial. Prepara o grupo de A Dina-Portonovo.
Lecturas
da Palabra de Deus:
1ª lectura: Sant 5, 7-11: a
paciencia ben entendida, a resistencia, dálle ás á esperanza cristiá. No rural
estamos en tempos de aguante esperanzado. Le
alguén de Castro de Rei.
Salmo: 8, co retrouso :
SEÑOR, DEUS NOSO, QUE ADMIRABLE É O TEU NOME EN TODA A TERRA.
(María Luísa e alguén de Galegos
len as estrofas do salmo.)
Evanxeo: Lc 13, 6-9: Parábola
da figueira. Estamos en tempos ee coidar e abonar, coa esperanza de que cheguen
os froitos na vida rural.
Preces: Prepáraas o grupo de Abadín.
Ofertorio:
As persoas que trouxeron o símbolo de
cada zona e as que representan a iniciativa achéganse, collen o que trouxeron e
érgueno en sinal de ofrecemento.
E
segue a Eucaristía con normalidade.
Peche da
Eucaristía e da celebración
No momento
final, despois da comuñón, uns
nenos/nenas distribúen unha folla, na que se recollen os enderezos de cada unha
das iniciativas presentadas. Esas iniciativas son tamén un pequeno
sacramento da vida de Deus entre nós, que queremos xuntar co sacramento maior
do Corpo de Cristo que acabamos de recibir. Estamos uns segundos en silencio.
Dúas persoas de Castro de Rei val lendo o
agradecemento e todos/as contestamos: GRAZAS POR TANTO BEN.
Ao final, como remate da
celebración, o grupo da Coruña interpreta unha canción que cantaron en Luar.
Hai cousas dignas de ver:
As fontes do Miño
(Fonmiñá), a igrexa monacal de Meira, o castro de Viladonga, muralla de Lugo…
NOTA:
Para chegar a Castro de Rei, se vides pola
estrada Ourense-Lugo, tedes que coller a
estrada Lugo-Ribadeo, que se pode coller nunha rotonda desde a A6; a uns 20kms
atoparedes unha desviación á esquerda cara a Castro de Rei. Olla, non confundir
con Castro de Riberas de Lea.
Se
vides desde Santiago ou Coruña, en Guitiriz colledes a A6, seguide ata
Bahamonde, en Bahamonde na rotonda empalmades coa A8 e nela ides ata Vilalba.
Entrade no segundo punto de entrada en Vilalba, que vos leva ao centro, onde
hai unha árbore, unha pradia. Alí, á dereita un 50 m. e logo a primeira rúa á
esquerda, subindo, que xa é a estrada que vos levará cara a Meira. Pasado
Muimenta, cruzaredes o Miño, e a un km. máis ou menos veredes unha indicación
cara a Castro de Rei, que vos quedará a uns 4kms. máis ou menos. Alí xa haberá
indicadores para ir ao polideportivo, onde teremos a celebración.
Lembrade dúas cousas:
1) mandar o papeliño onde se
describa brevemente a experiencia que traiades, e
2) uns días antes, informar
das persoas que pensades vir.
Grazas a todos. Vémonos o 18.
No hay comentarios:
Publicar un comentario