Castro de Rei, Lugo, 18 de maio 2019.
Entrada
A
ser posible, o lugar de celebración está presidido por unha pancarta co lema:
SEMENTANDO ESPERANZAS.
A
acollida está atendida por xente do lugar, que nos obsequiará co que ben lle
pareza. Se hai un grupiño de gaiteiros acompañándonos, mellor. E entramos para
o lugar de celebración.
E
empézase a celebración. Entre ensaio e ensaio vaise anunciando que é esta
festiña, que pretende: celebrar a nosa condición de persoa cristiá, de comunidades
cristiás no rural, con orgullo en base a estes tres convencementos: non medo ao
rural, non medo ao grupo, non medo a Xesús de Nazaré, o noso Irmán maior e
mestre. Tamén se explica en que consiste o lema e como se vai desenvolver a
celebración. As esperanzas sómolo nós mesmas, e esa xente nova que aposta pola
rural con forza e creatividade. E botamos a andar.
Acollida
dos grupos
Cantamos
o himno do San Cidre. Como facemos sempre, imos nomeando os diferentes grupos
que se achegan. Cada un deses grupos trae unha cestiña con sementes dalgún
froito. Ao ser nomeado o grupo, achégase ao centro e deixa alí a cestiña. Ao
mesmo tempo achégase tamén a persoa ou persoas que representan unha presenza
esperanzada no rural; en cada un destes casos levan un brevísimo escrito
dicindo quen son, que fan, onde están, cal é o seu enderezo postal ou
electrónico, por se alguén ten interese en coñecelos máis. Se producen algo,
levan alí, coas sementes, unha mostra da súas produción (queixos, verduras,
documento…) E así todos os grupos. Con fogos ecolóxicos.
E,
para pechar este momento, as xentes do lugar cóntannos como é esta zona, como
andan, que sementes de esperanzas hai entre eles, a nivel de vida agraria e a
nivel de comunidade cristiá. Tamén fogos ecolóxicos. Volvemos cantar o himno do
San Cidre.
Segue a
Eucaristía
Saúdo
e acollida do sacerdote. Momento penitencial. (Pódese empregar o da Guía da
celebración eucarística para este día, e igualmente as Preces; pero o grupo que
as deba facer tamén as pode refacer.
As
lecturas poden ser:
1ª lectura: Sant 5, 7-11: a
paciencia ben entendida, a resistencia, dálle ás á esperanza cristiá. No rural
estamos en tempos de aguante esperanzado.
Salmo: 8, co retrouso
SEÑOR, DEUS NOSO, QUE ADMIRABLE É O TEU NOME EN TODA A TERRRA.
Dúas persoas, home e muller, mozo e moza,
van lendo as estrofas:
1.- A túa gloria éncheo todo de vida!
Da boca dos neniños e neniñas
fas saír unha loanza fronte a quen te despreza,
e admírate a xente que antes te ignoraba.
2.-Cando contemplo o ceo, feitura das túas mans,
a lúa e as estrelas que nel fixaches,
¿que é a xente, para que dela te lembres,
o ser humano, para que del te ocupes?
3.- Fíxéchesnos á túa imaxe e semellanza,
coroáchesnos de honor e dignidade;
confiáchesnos as obras das túas mans,
puxéchesnos ao coidado da túa creación.
4.- Rabaños de ovellas e vacas,
animais domésticos e salvaxes,
os paxaros do ceo e os peixes do mar,
que nadan e xogan nas augas.
Evanxeo: Lc 13, 6-9: Parábola
da figueira. Estamos en tempos ee coidar e abonar, coa esperanza de que cheguen
os froitos na vida rural.
Preces: o xa dito.
Ofertorio:
Neste
momento as persoas que trouxeron as sementes e as que representaron as
iniciativas de esperanza no rural achéganse ao altar e erguen nas súas mans as
cestiñas coas sementes e os outros froitos ou papeis que antes presentaron. E
con todo iso nas mans cara arriba, cántase a cantiga do ofrecemento: VELAQUÍ,
NOSO SEÑOR.
E
segue a Eucaristía con normalidade.
Peche da
Eucaristía e da celebración
No momento
final, despois da comuñón, uns nenos/nenas distribúen unha folla, na que se
recollen os enderezos de cada unha das iniciativas presentadas. Esas
iniciativas son tamén un pequeno sacramento da vida de Deus entre nós, que
queremos xuntar co sacramento maior do Corpo de Cristo que acabamos de recibir.
Estamos uns segundos en silencio. E logo rezamos xuntos a oración final. Tamén
dúas persoas val lendo alternativamente cada agradecemento e todos/as imos
contestando: GRAZAS POR TANTO BEN.
Non
sei ben que facer coas sementes agora. Será mellor non as traer, limitarnos só
a presentar as experiencias de cousas de esperanza? Deixar libre e que logo, ao
final, quen queira recoller algunhas semente, que o faga? Xuntar previamente,
antes dese día, esas sementes e ter
preparada unha bolsiña pequeniña para cada persoa? Sen xuntar as sementes de
todos, que os do lugar preparen ao chou unhas sementes e as metan nun sobre pequeniño, para dar a
cada persoa? Falamos todo isto no encontro do día 27 de abril.
Cada
grupo, logo, tería que preparar:
Sementes (se decidimos traelas), experiencia
de esperanza, folliña que acompañe a experiencia. E logo, a maiores, o que nos
poida tocar de ler algunha lectura, os perdóns, as preces…E, coma sempre,
reservar 1-2 euros para colaborar nos gastos, e avisar con tempo as persoas que
pensan vir.
FOTO TOMADA DE: https://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Viladonga
Hai
cousas dignas de ver: As fontes do Miño (Fonmiñá), a igrexa monacal de Meira, o
castro de Viladonga, muralla de Lugo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario