Sábado, 7 de setembro de 2019
na Casa de Exercicios, Santiago,
Tal como no seu
momento acordaramos, o sábado 7 de setembro teremos na Casa de Exercicios de
Santiago o noso encontro de outono, ou cursiño de verán. E este será o noso
horario e tarefas.
Orde do día
10.00h., chegada e acollida.
10,30h., oración. O grupo de Abadín levará algo preparado,
pero que de cada grupo levemos algo simbólico que represente este voso momento.
11.00h., Compartir: a marcha dos respectivos grupos, tarefas,
estados de ánimo; a nosa experiencia do San Cidre deste ano; a nosa integración
na realidade rural, os grupos alternativos, a nosa vinculación co que é “Cremos
no Rural”.
12.15h., descanso, café.
12,45h., Facemos algo de historia de “Cremos no Rural”, e
preguntámonos como nos estamos vendo con esta realidade nas mans.
14.00h., xantar.
16.00h., Programación posible para o curso que vén: lema,
obxectivos, encontros, datas, san Cidre, …
17,30h., Eucaristía ou Oración final.
NOTA: Sobre todo por razón do xantar e
do café, é ben importante que avisedes con tempo das persoas que pensades vir;
chega tres días antes, pero avisade, por favor. Podédelo facer chamando a
Manolo Regal, ou ben simplemente a través do grupo de Whatsapp
de “Cremos no Rural”
No hay comentarios:
Publicar un comentario